Este "post" ou publicación é grazas a tod@s @s alumn@s de 1º da ESO, que nunha actividade guiada polo profesor tiveron que atopar no laboratorio o material que se lles pediu, para logo sacarlle unha foto. O que quixo sacaouse unha foto posando co material para que se poidera facer unha mellor idea da escala de cada un dos principais elemento scos ques traballaremos nas prácticas este ano 2011/2012.
Este instrumental hai que saber recoñecelo e saber o seu nome, polo que no vindeiro exame porei algunhas destas fotos e terás que saber se é un tubo de ensaio nunha gradiña, un funil.... un chisqueiro de alcol...
Vendo estas fotos deberías repasar cos debuxos que fixemos no laboratorio e os apuntamentos que vos facilitei para comprobar se realmente recoñeces cada un dos materiais que se expoñen nesta presentación de fotografías.
Déixovos un enlace permanete á esquerda do blog por se algunha vez éntravos unha dúbida.
martes, 25 de octubre de 2011
lunes, 24 de octubre de 2011
Tema 2, Estados da materia e cambios do estado. Presentación e apuntamentos.
Aquí tedes os apuntamentos do tema. En caso de perdelos ou precisar unha nova copia por calquer motivo, poderedes descargalos desde aquí.
Actividades da aula:
Actividades da aula:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)