lunes, 23 de junio de 2014

Memoria meteoEscolas 13/14

Memoria


Título do proxecto:

Todos a tempo. MeteoEscolas CPI Conde de Fenosa. Un proxecto integral dende Infantil ata a ESO.

Introdución (sinopse do proxecto):

Neste curso o programa estendeuse a todos os alumnos do CPI Conde de Fenosa, dende os nenos de 3 anos de Infantil ata os de 16 de 4º da ESO, e mesmo aos alumnos do programa do PCPI. Os máis de 300 alumnos do Centro participaron nalgunhas das multiples actividades realizadas. Na seguinte presentación en drive inténtase resumir todo o traballo.


Os nenos de Infantil continuaron tomando medidas diarias, en todos os grupos dende 3 a 5 anos, recopilando toda a información en calendarios, facendo reconto ao final do mes e este ano por primeira vez facendo gráficas! Todo este traballo que realizan as profesoras de Ed. Infantil non se recoñece, cousa que cremos que tería que cambiar cara ao vindeiro curso.

Os nenos do primer ciclo de Primaria colleron os datos diarios e realizaron resúmenes mensuais. Os seus traballos este ano centráronse nos refráns de cada mes do ano, moi ben ilustrados e adiviñas. Ademais, os seus pais e nais xa poden ver os datos que tomaron, pois se expoñen nun taboleiro (amañado polos alumnos de 4º de ESO e pintado por eles) cando veñen a recollelos. Tamén é impresionante o traballo dos nenos da aula de apoio.

Os nenos de segundo ciclo traballaron recollendo os datos diarios dúas veces ao día, comparando as variacións, coas táboas e gráficas correspondentes. Ademais se construiu un pluviómetro móbil, e así mediuse a precipitación recollida e elaboráronse gráficas de precipitación diaria, acumulación mensual e media diaria de cada mes.

Os nenos do 3º ciclo este ano mediron diariamente as variables meteorolóxicas (tamén na clase de inglés e na sección bilingue), puideron visitar meteoGalicia e o CESGA en Santiago e realizaron uns magníficos traballos sobre meteoroloxía, expostos e filmados, ademais de preparar as gráficas cos datos dos nenos do Primer Ciclo e realizar un blog sobre música e tempo. Incluso en Ed. Física comparánrose as variacións de temperatura no exterior e no interior do pavillón. Realizáronse dúas exposicións polo día internacional da meteoroloxía nas bibliotecas de Primaria e Secundaria.

Na ESO este ano desenvolvéronse multitude de actividades dende a maioría dos departamentos do Centro.
Dende Francés se realizaron, con datos de meteoFrance, unha previsión do tempo do fin de semana en Francia, describindo unha zona concreta do país.
En Inglés, ademais dun repaso a diario do tempo que temos nesta lingua, traballouse a previsión do tempo nas illas Británicas, o vocabulario, etc.
En Matemáticas, os alumnos aprenderon estatística cos datos que eles mesmos tomaron. A profesora realizou uns videotitoriais co ipad para eles, nos que se explica esta parte da matemática e a súa estreita relación coa Meteoroloxía.
Dende Música, prepararonse dúas obras relacionadas co tempo. As compañeiras de CCSS realizaron e analizaron os climogramas de Ares cos datos que recollen os nenos ou extraídos de meteoGalicia, ademais de guiar aos nenos pola exposición Expometeoro que puidemos ter no Centro.
Os profesores de CCNN ensinaron aos alumnos a recoller e interpretar datos meteorolóxicos e a introducilos na páxina do programa.
En FQ os alumnos aprenderon astronomía e meteoroloxía, fixeron cuestionarios en Drive e examináronse con mapas reais do tempo. Construíronse dous reloxos solares en Tecnoloxía.
Preparáronse e filmáronse coa técnica do chroma key predicións do tempo para cada fin de semana dende Marzo, e por último, desenvolveuse unha app para smartphones e tablets android, disponible en Google Play, cos datos da nosa estación.



Grao de consecución dos obxectivos:

O primeiro obxectivo do curso era chegar a todos os cursos que se imparten no Centro e así implicar a todo o profesorado titor de Infantil e Primaria e a máis profesorado de Secundaria. Non só se acadou este obxectivo, se non que todo o profesorado de Primaria adscribiuse ao programa, incluidas as profesoras de Ed. Especial e a profesora de Audición e Linguaxe, traballando tamén cos nenos con máis dificultades de aprendizaxe, con contidos que resultan ser moi atractivos para eles.
Conseguiuse así acadar un dos pricipios no que se basea o programa, que é vertebrar o CPI, estar presente en todos os cursos, en todas as etapas, vendo a meteoroloxía como un contido unificador, atractivo e atraente cara os nenos.


Outro dos obxectivos do programa este ano foi imbricarse máis co resto dos programas que se están a facer no Centro:


- o programa mail art, onde máis de 100 artistas, e colexios, de todo o mundo participaron, mandando por correo obras de cualquier expresión artística. A nosa Alumna, Ana Martínez deseñou unha mascota para noso programa de MeteoEscolas, mascota que enviamos por suposto ao noso programa de mail art.



-un programa de Formación en Centros, focalizado no uso das novas tecnoloxías co fin de realizar un estudo integral sobre Ares, multidisciplinar, co uso cotidiano de ferramentas como o Google Drive ou a realidade aumentada, ampliación do que lle valiu ao Centro un premio de innovación educativa da Fundación EducaBarrié o ano pasado. Así elaboráronse durante o ano moitos cuestionarios en Drive, para a introducción de datos, sobre a exposición Expometeoro, que tamén se traballou coa realidade aumentada, para as clases de meteoroloxía, de astronomía, etc

Outro dos obxectivos este ano foi estender a observación do ceo dende a Meteoroloxía tamén a Astronomía, tras ensinar aos rapaces a recoñecer os principais asterismos, elaboramos un planisferio, que aprenderon a manexar, aprendendo a localizar as principais estrelas a calqueira hora de calquera día do ano, a averiguar a que hora sae e se pon o sol durante todo o ano. Tamén crearon, na materia de Tecnoloxía dous reloxos solares. Deseñaron os reloxos coa axuda do programa Shadows, debúxarono coa axuda do BrisCAD e pintaron sobre policarbonato. Un dos reloxos é oriental e o outro meridional.

colaboración con outras meteoescolas non se levou a cabo de manera directa, aunque pretendemos lévala a cabo para o ano. Sen embargo, traballouse cos alumnos unha comparativa do que choveu nos primeros meses do ano 2014 nas distintas partes de Galicia. A hora de estudiar os climogramas comparáronse os obtidos cos datos da nosa estación cos climogramas obtidos con datos doutras meteoescolas ou de meteoGalicia. Ademais, seguimos aportando todo o que imos atopando e que creemos interesante á carpeta compartida que creamos en dropbox, compartida con todos os coordinadores de meteoescolas que quixeron unirse e con moitos dos asistentes aos cursos de meteoroloxía para profesores realizados neste curso.

Por último, outro obxectivo xeral é extender o uso das novas tecnoloxías. Empezaron a realizarse os videos coas predicións para cada fin de semana, usando a técnica do chroma key, que tantas posibilidades abre. Ademais, desenvolveuse unha aplicación para android que conecta o teu móbil en tempo real coa nosa estación meteorolóxica, nosa páxina web. Por último, desenvolvimos diversos blogs e colaboramos, só últimamente, en redeiras.



Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

Os nenos de Infantil continuaron tomando medidas diarias, en todos os grupos dende 3 a 5 anos, cobertura de nubes, forza do vento, recopilando toda a información en calendarios, facendo reconto ao final do mes e este ano por primeira vez introducindo as gráficas. Mentres que os nenos de tres anos fan o calendario estampando, os de catro debuxan o pictograma do tempo e os de 5 escriben cales son as condicións do tempo. Todo este traballo que realizan as profesoras de Ed. Infantil non se recoñece, cosa que cremos que tería que cambiar cara vindeiro curso.



Os nenos e nenas do primer ciclo de Primaria
 mediron a temperatura e cobertura de ceo todos os días (ás veces da estación meteorolóxica dixital conectada con internet) e realizaron resúmos mensuais. Os seus traballos este ano centráronse nos refráns de cada mes do ano e adiviñas, moi ben ilustrados. Ademais, os seus pais e nais xa poden ver os datos que tomaron, pois se expoñen nun taboleiro (amañado polos alumnos de 4º de ESO e pintado por eles) cando veñen a recollelos.



Os nenos que acuden ao aula de apoio
 traballaron coa profesora dutrante todo o ano, tomando en cada clase nota no seu caderno do tempo reinante, cun pictograma, pero ademais explicando o tempo que facía coas súas palabras, para intentar mellorar a expresión escrita. Ademais realizaron un calendario para a clase, que se tiña que facer por turnos, debido a que todos querían facelo cada día.



Os nenos de segundo ciclo traballaron recollendo os datos diarios dús veces no día, comparando as variacións, coas táboas e gráficas de barras e líneas correspondentes. Realizáronse calendarios das coas recollidas de datos e recontos das situacións medidas de cada tipo durante o mes. Ademais un dos profesores construiu un pluviómetro móbil, e así; mediuse a precipitación recollida e elaboraronse gráficas de precipitación diaria, acumulación mensual e media diaria de cada mes que se amosaron no corredor do centro aos demais alumnos da escola.


Os nenos do 3º ciclo este ano tamén mediron diariamente as variables meteorolóxicas (tamén na clase de inglés e na sección bilingue), puideron visitar meteoGalicia, onde recibiron unha magnífica explicación do todo traballo realizado alí e incluso visitar o CESGA, tamén en Santiago, onde se corren os modelos numéricos para as predicións realizadas. Así mesmo realizaron uns fantásticos traballos sobre meteoroloxía, que expuseron e foron filmados e montados coa técnica do chroma-key, para que saian detrás deles as imaxes dos fenómenos dos que falan. Ademais, coma sempre, os neos encargóronse de pasar todos os datos do alumnado do primeiro e segundo ciclo, mesmos os datos obtidos co pluviómetro este ano, ao ordenador, creando follas de cálculo cos ordenadores Abalar e realizando diversas gráficas con todos os datos obtidos.


Os traballos que elaboraron, expostos axudados co chroma key:


Durante todo o ciclo, as profesoras de inglés 
realizaron un gran traballo, posto que a diario observan tamén o ceo, e xa xunto coa data, escriben o tempo. Ademais elaboraron unhas fichas coas que rechean un calendario, tamén feito por elas co vocabulario máis frecuente do tempo, ademais da estación e a temperatura.



A profesora de Música de Primaria, ademais, elaborou c@s alumn@s de 6º de Primaria un blog no que se toma o concepto do tempo dunha maneira polisémica, intentando atopar un punto onde se atopen a meteoroloxía, a música, os sentimentos. Un blog moi creativo que podes ver neste enlace. O precioso nome do blogue: Un temporal musical.


Tamén en Educación Física, e co fin de comparar as variacións de temperatura no interior coas do exterior, o profesor instalou un termómetro no pavillón onde eles fan a actividade deportiva. Os nenos medían dúas veces ao día a temperatura, e tomaban nota dela. Así comprobaron como a temperatura tiña moi pequenas variacións (dous grados case sempre) dentro e sempre aumentaba cara ao mediodía, cunha temperatura casi constante, durante todo no inverno e outra distinta, moito máis alta, no verán, debida a inercia térmica.

Na ESO a maioría dos departamentos do Centro participaron este ano no programa. Dende Francés, as rapazas, coa axuda da súa profesora, relizaron, tomando datos de meteoFrance unha previsión do tempo nunha fin de semana en Francia, normalmente dunha ponte, centrándose posteriormente nunha zona concreta, describindo que podemos visitar alí durante ese fin de semana. Tamén realizaron uns preciosos ¿affiches¿ onde expoñen por estacións o vocabulario e as expresións máis usuais en francés para o tempo.




En Inglés, ademais dun repaso a diario do tempo que temos, aprendendo o vocabulario e as expresións máis comúns relativas a tempo, se traballou a previsión do tempo nas illas Británicas, tomada normalmente de metoffice, accesible dende a páxina web do tempo do centro, coñecendo así as distintas partes das illas británicas, e vendo como as condicións varían. Mesmo comprobaron a estreita relación entre o tempo das illas e Galicia, sobre todo coas profundas borrascas deste inverno.



En Matemáticas, os alumnos aprenderon estatística cos datos que eles mesmos tomaron e outros extraídos das páxinas web de meteoGalicia e aemet. Explicarónselles tanto os tipos de datos que se poden tomar, como as distintas variables de dispersión e centralización. A profesora realizou uns video tutoriais co ipad para eles, nos que se explica esta parte da matemática e a súa estreita relación coa Meteoroloxía.




Dende Música, preparáronse dúas obras relacionadas co tempo, O Inverno, de Vivaldi e unha teatralización musicada e recitada do poema de Uxío Novoneyra "Fiandeira namorada".



As compañeiras de CCSS realizaron os climogramas de Ares cos datos que recollen os nenos, facendo comparativas entre os dos anos pasados, vendo a variación entre eles e facendo patente a diferenza entre tempo e clima, ademais de guiar aos nenos pola exposición Expometeoro que que tivemos a sorte de poder ter no Centro.


Os profesores de CCNN ensinaron aos alumnos a recoller e interpretar datos meteorolóxicos e a introducilos na páxina do programa. Ademais elaboraron o informe diario que se expoñe en diversos lugares da vila: biblioteca, casa do Concello, Centro de Saúde. Xa que a materia impártese en inglés nalgúns grupos, este traballo realizouse en inglés neses grupos.


En Física e Química os alumnos aprenderon astronomía e meteoroloxía, apoiándonos frecuentemente no material cedido por Ana Lage, de meteoGalicia. Fixeron cuestionarios en Drive sobre ambas materias e examináronse con mapas reais do tempo e co planisferio, realizando unha comparativa da choiva recollida nos primeiros 45 días do ano. MOITA!!.


En Tecnoloxía os alumnos coa axuda do profesor elaboraron dous reloxos solares e traballaron follas de cálculo cos datos meteorolóxicos do CIS de Ferrol e en Iniciación a Electricidade os alumnos construíron un sensor de temperatura e outro de luz, co fin de construir o ano que ven unha estación con sensores, conectada con arduino, aunque tamén físicamente a caseta. Xa temos os planos!


Preparáronse e filmáronse coa técnica do chroma key espectaculares predicións do tempo para cada fin de semana dende Marzo. Preparadas polo profesor de Física, correxidas pola de Galego e filmadas polo de Bioloxía.


Por último, engadir que se creou unha app para smartphones e tablets android, disponible en google play, de nome Aresmeteo, onde se poden consultar en directo os datos da nosa estación.


Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos):


A avaliación que levamos a cabo no Centro consta do recheo duns cuestionarios por parte tanto do alumnado participante como do profesorado, no que se pide resaltar os errores que tiveron lugar e as melloras que se poden levar a cabo cara aos seguintes. Unhas capturas dos cuestionarios que realizamos en Drive:
Captura5.JPG
Captura6.JPG
Os resultados da avaliación foron sempre moi positivos, tivendo unha nota global de 4,6/5 no alumnado e 4,3/5 entre o profesorado.
Este ano tivemos a sorte de, ademais, ter unha avaliación externa. Javier Jesús Romero González, estudante da Facultade de Ciencias da Educación de Coruña no Grado de Educación Primaria interesouse polo programa. Asemade de visitarnos, pasounos a todos unha enquisa que mostramos mediante capturas de imaxe a continuación:
Captura.JPG
Captura2.JPG
Captura3.JPG
Captura4.JPG
Xa lle pasamos os resultados da enquisa que se levou a cabo entre todo o profesorado do centro e lle pedimos que, por suposto, nos faga partícipes dos resultados.
Unha das propuestas que sempre xorden é a de mellorar a coordinación entre as distintas etapas para intentar conseguir unha progresiva introdución dos contidos ao longo das etapas e materias, tentando complementarnos e non repetirnos. As reunións do profesorado das distitnas etapas consíderase necesaria para mellorar este aspecto.

lunes, 26 de mayo de 2014

A nosa app do tempo

Este ano dentro do programa MeteoEscolas e co software desenvolvido no MIT (Massachusetts Institute of Technology) App Inventor, creamos a nosa aplicación do tempo para móbiles e tabletas Android. Conecta automáticamene cosa nosa estación meteorolóxica, podes acceder a nosa páxina web do tempo, e mesmo tén xogos!
Pódes descargala do Google Play, co nome Aresmeteo. A continuación, unha imaxe.

foto app
Veña, a por ela!!

Algunhas das actividades de meteoEscolas neste curso 13/14

Publicado orixinalmente no blog "Tesmoitalingua" o 23 de Maio de 2014.

Como ben sabedes, este curso no noso cole seguimos a traballar co Proxecto Meteoescolas. E para que vexades o que se realizou este ano, aquí deixamos uns videos para que disfrutedes do traballo dos nenos e nenas. En hora boa a todos os  profes polo voso traballo e esforzo, a todos os alumnos/as de infantil, primaria e ESO e por suposto ao noso xenial coordinador Jorge. Con semellante plantel de artistas...asi da gusto traballar!!!
A continuación tedes os videos resumo do feito este curso. E non olvidedes que neste blog na parte de arriba tedes unha pestana có nome de Predición Meteorolóxica na que podedes premer e ver todas as predicións que fan os alumnos de secundaria para os fins de semana.



         

         

          

          

         

Prévision de la météo pour le pont du premier Mai. MeteoEscolas Français

Prévision de la météo pour le pont du premier Mai. MeteoEscolas Français:

lunes, 19 de mayo de 2014

Meteoescolas nas bibliotecas de Primaria e Secundaria

MeteoEscolas, tamén na biblioteca de Primaria



e tamén na de Secundaria

O terceiro ciclo de Primaria en meteoEscolas

Non só trballaron moito, como outros anos, facendo as táboas e gráficas no ordenador, se non que ademais este ano realizaron uns marabillosos traballos. Mirade que marabilla!


NORABOA

O segundo ciclo de Primaria en meteoEscolas

Os nenos do segundo ciclo tamén traballaron moito este ano. Aquí tedes unha pequena mostra.


NORABOA, nenos e profes.

O primeiro ciclo de Primaria en meteoEscolas

Como sempre, @s nen@s do Primeiro ciclo traballaron fantástico. Son uns máquinas!!


Ademais sabedes que están moi implicados noutros programas do cole, como mail art.

NORABOA A TODOS

Os nenos de infantil en meteoescolas

Este ano, como sempre, @s nen@s de Infantil realizaron un magnífico traballo.

Aquí, un pequeno resumo


A ver se o ano que ven as profes poden ter o mesmo recoñecemento que ten os demáis profes do CPI.

Noraboa a todos.

Traballando co chroma key. O tempo en color

Este ano estamos dende hai uns meses traballando coa técnica do chroma key cando facemos os nosos partes do tempo cara o fin de semana.
Aquí tedes como o facemos


Se queredes máis información, aquí tedes a presentación que realizo Xacobo de Toro, o noso compañeiro, para un curso de profesores.


MeteoEscolas in English. Secondary

Our English teacher, Pilar, is involved in MeteoEscolas program.
She works everyday in her classes with the weather, Her kids have learnt a lot. You can watch it right now


Congratulations to both of you, children and teacher!

viernes, 9 de mayo de 2014

Previsións météorologiques pour le pont de l'armistice

PRÉVISIONS MÉTÉOROLOGIQUES POUR LE PONT DE L’ARMISTICE.


marseille.jpg
Marseille


Mesdames, Messieurs… Bonjour!
On trouvera pour ce pont de l’armistice une ambiance caractéristique du début du mois de Mai avec une France variée.

                                                                  

Commençons par le 8 Mai, où de bon matin il y aura des températures douces dans toute la France, approximativement entre les 7 degrés dans la frontière suisse et les 16 degrés à Nice. Comme vous pouvez le voir, dans le centre du pays, il y aura du brouillard et des nuages de basse couche, à la différence du Sud où le soleil brillera et au Nord, la pluie sera présente. Tout au long de la journée, la pluie s’étendra vers le sud-est.




Le vendredi, la journée sera relativement tranquille: le sud du pays sera ensoleillé et le Nord nuageux avec quelques pluies dans la région de Basse-Normandie. Vous trouverez aussi une frange qui ira de l’Aquitaine  jusqu’à la Lorraine chargée d’une pluie forte. Les températures seront douces pour la saison.



Pour finir ces petites vacances, le week-end commencera agréablement mais à mesure que les heures passeront, les ciels deviendront gris et nuageux dans tout  le nord-ouest avec des températures assez agréables.
Dans le sud, il n’y aura pas de grands changements par rapport à la veille.




Finalement, le dimanche, les températures baisseront le  matin mais elles seront stables durant l’après-midi. Par contre, il y aura une légère pluie durant toute la journée. La Provence et le Languedoc échapperont à ces averses avec un soleil qui brillera et des températures printanières.

Après ces prévisions, nous pouvons assurer un temps magnifique dans le sud, ce qui peut vous permettre de faire beaucoup d’activités. Si vous voulez vous détendre, pour ce pont du huit mai, la côte est idéale parce qu’il y a beaucoup de plages connues comme la plage de Sainte Croix ou la plage de L’estaque.


23840473.jpg         Estaque_Marseille_FRA_003.JPG
       Plage de Sainte Croix                                          Plage de L’estaque
        
Mais pour ceux qui n’aiment pas trop la plage et qui préfèrent une ballade en ville vous pouvez en profiter pour vous rendre à Marseille, visiter le Vieux-Port et déguster une bonne bouillabaisse. À la semaine prochaine!!!

Bouillabaisse-for-Dinner.jpg

hote_marseille_vieux_port_chambre_de_charme_vue_vieux_port.jpg

      


              Le Vieux-Port                                             La bouillabaisse


Cristina Fernández Alcantud, Alba López García-Santamarina, Clara Morado Morgade.


lunes, 5 de mayo de 2014

Exposición de libros de tempo pola celebración do día mundial da meteoroloxía

EXPOSICIÓN METEOROLOXÍA
Debido á celebración do día mundial da Metereoloxía (21 de marzo) no centro realizáronse 2 exposicións de material bibliográfico cedido pola Biblioteca e diversos departamentos como o de Francés, así como a Coordinación do Plan Proxecta: Meteoescolas.
expo1
expo2 expo3 expo4
No seguinte enlace podedes visualizar estas exposicións que rematan no día de hoxe 28 de abril.
A continuación, unha muestra coas diapositivas que aparecieron no blog da biblioteca do CPI, o interesantísimo Carabela de Ares, onde Conchi e Yoli nos informan de todas as novidades. Noraboa polo traballo!!

Affiches sobre o tempo, en français


As alumnas de 4º elaboraron uns carteis sobre o tempo en francés espectaculares. Noraboa a elas e a súa profe, Eva
. 

Visita a MeteoGalicia e ao CESGA

Os pasados 12 e 19 de Noviembre os alumnos de 6º de Primaria e 2º da ESO tivemos a sorte de poder ir a visitar as instalacións de MeteoGalicia en Santiago. Nos atendieron magníficamente.
Son encantadores e a ver se podemos volver moi pronto. Coñecimos a personas as que oímos pola radio ou vemos na tele como Ana Lage ou Juan Taboada ou que tratamos moito como Natalia ou Ángeles.
Todos eles nos trataron de marábilla e nos explicaron moi bén o funcionamiento básico de MeteoGalicia.



Tamén visitamos o CESGA onde nos explicaron como funcionan os ordenadores que corren todos os modelos numéricos de MeteoGalicia, entre moitos máis proxectos que nos relataron.


Estatística e traballo cos datos meteorolóxicos gracias a nosa profe de Matemáticas Belen Morón

A nosa compañeira, Belén, dentro do noso programa MeteoEscolas, preparou uns vídeos magníficos de introducción a estatística e ao seu uso na meteoroloxía e un vídeo no que traballa con datos meteorolóxicos para comprender mellor que é unha táboa de frecuencias e o concepto de media.
Estos vídeos forman parte do gran traballo que están a desenvolver as compañeiras de Matemáticas, María e Belén, ao que podedes acceder na páxina web do Centro.
Explícannos as Matemáticas e fánnolas moi cercanas usando as novas tecnoloxías. Grazas e noraboa ás dúas.

Introducción a estatística e uso na meteoroloxía




Táboa de frecuencias e media

miércoles, 30 de abril de 2014

Previsión du temps en Île-de-France

Dende esta fin de semana, as alumnas de Francés fan a previsión do tempo en Francia durante a fin de semana. Ademais, centránse nunha zoa, neste caso na rexión da Île de France, dándonos suxestións para o que podemos facer nese fin de semana cando o visitemos.
Deíxovos aquí o primeiro texto e os enlazaré o vídeo moi pronto, ademais dos outros videos.
Noraboa a todas as nenas e a súa profesora.


Bonjour!

Nous allons vous donner les prévisions de la météo en Île-de-France pour le pont du premier Mai.
Pour les habitants de l’Île-de-France,ou pour les chanceux qui vont y voyager, le temps sera relativement variable.
Le jeudi, le temps sera assez couvert toute la journée et il y aura des averses. Les températures seront relativement douces pour la saison et varieront entre sept et  dix-sept degrés.
Le vendredi, le temps s’améliorera un peu mais il y aura encore quelques averses. Les températures ne changeront pas par rapport à la veille.
Le samedi, le temps va s’améliorer, le ciel sera voilé mais il y aura des éclaicies. Un temps très similaire nous attend le dimanche avec encore quelques nuages mais aussi de belles éclaircies et des températures identiques.

Les deux premiers jours du pont, le temps sera maussade; vous pourriez en profiter pour faire le  tour des musées parisiens, musée d’Orsay ou musée de cire, ou encore  visiter le Centre Pompidou, situé dans le centre de Paris. C’est un musée d’art moderne où il y a de nombreuses sculptures et des expositions variées. Ce centre est ouvert toute la journée, de onze heures à dix heures du soir. Ce musée est gratuit pour tous le premier dimanche du mois, donc si vous n’avez pas le temps d’y aller avant, vous pouvez vous y rendre le premier dimanche de Mai.
Après la visite du Centre Pompidou, vous pouvez aller faire un tour dans Paris et visiter le quartier latin où il y a de nombreux restaurants sympa.
Le musée du Louvre est également une bonne option. C’est l’un des plus grands musées du monde et le plus grand de Paris. Situé au coeur de la ville, vous pouvez y admirer de nombreuses sculptures et des antiquités orientales.Mais, attention, le jeudi premier Mai  2014, le musée sera fermé.
Le week-end, il fera relativement beau dans l’ensemble de la région et vous pouvez visiter le château de Vincennes, forteresse construite entre le XIVème et le XVIIIème siècle et située à environ huit kilomètres du centre de Paris. Le dimanche, l’entrée est gratuite.Ensuite, vous pouvez faire un pique-nique et passer l’après-midi dans les belles forêts des alentours où il y a de beaux lacs.
Bon week-end à tous, au revoir et à bientôt.
                                                                       Paola López, Sara Martínez, Judith Rouco.


miércoles, 5 de marzo de 2014

vecinadelpicasso: un blog moi interesante

De ciencia, en castelán ou francés, e con moitos artigos salientables, como ó dos combustibles ou ó da medida da velocidade do vento.

Moi aconsellable, e levado a cabo por Paquita Vecino Romero, unha profe gaditana. Clica aquí para acceder.



Comparación da choiva nos primeiros días do ano.

Este ano, chove.

Chove moito. Pero, canto?

 Fixemos unha pequena comparativa. Tédela aquí. Pero tamén insertámola nun mapa.