lunes, 23 de junio de 2014

Memoria meteoEscolas 13/14

Memoria


Título do proxecto:

Todos a tempo. MeteoEscolas CPI Conde de Fenosa. Un proxecto integral dende Infantil ata a ESO.

Introdución (sinopse do proxecto):

Neste curso o programa estendeuse a todos os alumnos do CPI Conde de Fenosa, dende os nenos de 3 anos de Infantil ata os de 16 de 4º da ESO, e mesmo aos alumnos do programa do PCPI. Os máis de 300 alumnos do Centro participaron nalgunhas das multiples actividades realizadas. Na seguinte presentación en drive inténtase resumir todo o traballo.


Os nenos de Infantil continuaron tomando medidas diarias, en todos os grupos dende 3 a 5 anos, recopilando toda a información en calendarios, facendo reconto ao final do mes e este ano por primeira vez facendo gráficas! Todo este traballo que realizan as profesoras de Ed. Infantil non se recoñece, cousa que cremos que tería que cambiar cara ao vindeiro curso.

Os nenos do primer ciclo de Primaria colleron os datos diarios e realizaron resúmenes mensuais. Os seus traballos este ano centráronse nos refráns de cada mes do ano, moi ben ilustrados e adiviñas. Ademais, os seus pais e nais xa poden ver os datos que tomaron, pois se expoñen nun taboleiro (amañado polos alumnos de 4º de ESO e pintado por eles) cando veñen a recollelos. Tamén é impresionante o traballo dos nenos da aula de apoio.

Os nenos de segundo ciclo traballaron recollendo os datos diarios dúas veces ao día, comparando as variacións, coas táboas e gráficas correspondentes. Ademais se construiu un pluviómetro móbil, e así mediuse a precipitación recollida e elaboráronse gráficas de precipitación diaria, acumulación mensual e media diaria de cada mes.

Os nenos do 3º ciclo este ano mediron diariamente as variables meteorolóxicas (tamén na clase de inglés e na sección bilingue), puideron visitar meteoGalicia e o CESGA en Santiago e realizaron uns magníficos traballos sobre meteoroloxía, expostos e filmados, ademais de preparar as gráficas cos datos dos nenos do Primer Ciclo e realizar un blog sobre música e tempo. Incluso en Ed. Física comparánrose as variacións de temperatura no exterior e no interior do pavillón. Realizáronse dúas exposicións polo día internacional da meteoroloxía nas bibliotecas de Primaria e Secundaria.

Na ESO este ano desenvolvéronse multitude de actividades dende a maioría dos departamentos do Centro.
Dende Francés se realizaron, con datos de meteoFrance, unha previsión do tempo do fin de semana en Francia, describindo unha zona concreta do país.
En Inglés, ademais dun repaso a diario do tempo que temos nesta lingua, traballouse a previsión do tempo nas illas Británicas, o vocabulario, etc.
En Matemáticas, os alumnos aprenderon estatística cos datos que eles mesmos tomaron. A profesora realizou uns videotitoriais co ipad para eles, nos que se explica esta parte da matemática e a súa estreita relación coa Meteoroloxía.
Dende Música, prepararonse dúas obras relacionadas co tempo. As compañeiras de CCSS realizaron e analizaron os climogramas de Ares cos datos que recollen os nenos ou extraídos de meteoGalicia, ademais de guiar aos nenos pola exposición Expometeoro que puidemos ter no Centro.
Os profesores de CCNN ensinaron aos alumnos a recoller e interpretar datos meteorolóxicos e a introducilos na páxina do programa.
En FQ os alumnos aprenderon astronomía e meteoroloxía, fixeron cuestionarios en Drive e examináronse con mapas reais do tempo. Construíronse dous reloxos solares en Tecnoloxía.
Preparáronse e filmáronse coa técnica do chroma key predicións do tempo para cada fin de semana dende Marzo, e por último, desenvolveuse unha app para smartphones e tablets android, disponible en Google Play, cos datos da nosa estación.



Grao de consecución dos obxectivos:

O primeiro obxectivo do curso era chegar a todos os cursos que se imparten no Centro e así implicar a todo o profesorado titor de Infantil e Primaria e a máis profesorado de Secundaria. Non só se acadou este obxectivo, se non que todo o profesorado de Primaria adscribiuse ao programa, incluidas as profesoras de Ed. Especial e a profesora de Audición e Linguaxe, traballando tamén cos nenos con máis dificultades de aprendizaxe, con contidos que resultan ser moi atractivos para eles.
Conseguiuse así acadar un dos pricipios no que se basea o programa, que é vertebrar o CPI, estar presente en todos os cursos, en todas as etapas, vendo a meteoroloxía como un contido unificador, atractivo e atraente cara os nenos.


Outro dos obxectivos do programa este ano foi imbricarse máis co resto dos programas que se están a facer no Centro:


- o programa mail art, onde máis de 100 artistas, e colexios, de todo o mundo participaron, mandando por correo obras de cualquier expresión artística. A nosa Alumna, Ana Martínez deseñou unha mascota para noso programa de MeteoEscolas, mascota que enviamos por suposto ao noso programa de mail art.



-un programa de Formación en Centros, focalizado no uso das novas tecnoloxías co fin de realizar un estudo integral sobre Ares, multidisciplinar, co uso cotidiano de ferramentas como o Google Drive ou a realidade aumentada, ampliación do que lle valiu ao Centro un premio de innovación educativa da Fundación EducaBarrié o ano pasado. Así elaboráronse durante o ano moitos cuestionarios en Drive, para a introducción de datos, sobre a exposición Expometeoro, que tamén se traballou coa realidade aumentada, para as clases de meteoroloxía, de astronomía, etc

Outro dos obxectivos este ano foi estender a observación do ceo dende a Meteoroloxía tamén a Astronomía, tras ensinar aos rapaces a recoñecer os principais asterismos, elaboramos un planisferio, que aprenderon a manexar, aprendendo a localizar as principais estrelas a calqueira hora de calquera día do ano, a averiguar a que hora sae e se pon o sol durante todo o ano. Tamén crearon, na materia de Tecnoloxía dous reloxos solares. Deseñaron os reloxos coa axuda do programa Shadows, debúxarono coa axuda do BrisCAD e pintaron sobre policarbonato. Un dos reloxos é oriental e o outro meridional.

colaboración con outras meteoescolas non se levou a cabo de manera directa, aunque pretendemos lévala a cabo para o ano. Sen embargo, traballouse cos alumnos unha comparativa do que choveu nos primeros meses do ano 2014 nas distintas partes de Galicia. A hora de estudiar os climogramas comparáronse os obtidos cos datos da nosa estación cos climogramas obtidos con datos doutras meteoescolas ou de meteoGalicia. Ademais, seguimos aportando todo o que imos atopando e que creemos interesante á carpeta compartida que creamos en dropbox, compartida con todos os coordinadores de meteoescolas que quixeron unirse e con moitos dos asistentes aos cursos de meteoroloxía para profesores realizados neste curso.

Por último, outro obxectivo xeral é extender o uso das novas tecnoloxías. Empezaron a realizarse os videos coas predicións para cada fin de semana, usando a técnica do chroma key, que tantas posibilidades abre. Ademais, desenvolveuse unha aplicación para android que conecta o teu móbil en tempo real coa nosa estación meteorolóxica, nosa páxina web. Por último, desenvolvimos diversos blogs e colaboramos, só últimamente, en redeiras.



Organización, desenvolvemento e metodoloxía:

Os nenos de Infantil continuaron tomando medidas diarias, en todos os grupos dende 3 a 5 anos, cobertura de nubes, forza do vento, recopilando toda a información en calendarios, facendo reconto ao final do mes e este ano por primeira vez introducindo as gráficas. Mentres que os nenos de tres anos fan o calendario estampando, os de catro debuxan o pictograma do tempo e os de 5 escriben cales son as condicións do tempo. Todo este traballo que realizan as profesoras de Ed. Infantil non se recoñece, cosa que cremos que tería que cambiar cara vindeiro curso.



Os nenos e nenas do primer ciclo de Primaria
 mediron a temperatura e cobertura de ceo todos os días (ás veces da estación meteorolóxica dixital conectada con internet) e realizaron resúmos mensuais. Os seus traballos este ano centráronse nos refráns de cada mes do ano e adiviñas, moi ben ilustrados. Ademais, os seus pais e nais xa poden ver os datos que tomaron, pois se expoñen nun taboleiro (amañado polos alumnos de 4º de ESO e pintado por eles) cando veñen a recollelos.



Os nenos que acuden ao aula de apoio
 traballaron coa profesora dutrante todo o ano, tomando en cada clase nota no seu caderno do tempo reinante, cun pictograma, pero ademais explicando o tempo que facía coas súas palabras, para intentar mellorar a expresión escrita. Ademais realizaron un calendario para a clase, que se tiña que facer por turnos, debido a que todos querían facelo cada día.



Os nenos de segundo ciclo traballaron recollendo os datos diarios dús veces no día, comparando as variacións, coas táboas e gráficas de barras e líneas correspondentes. Realizáronse calendarios das coas recollidas de datos e recontos das situacións medidas de cada tipo durante o mes. Ademais un dos profesores construiu un pluviómetro móbil, e así; mediuse a precipitación recollida e elaboraronse gráficas de precipitación diaria, acumulación mensual e media diaria de cada mes que se amosaron no corredor do centro aos demais alumnos da escola.


Os nenos do 3º ciclo este ano tamén mediron diariamente as variables meteorolóxicas (tamén na clase de inglés e na sección bilingue), puideron visitar meteoGalicia, onde recibiron unha magnífica explicación do todo traballo realizado alí e incluso visitar o CESGA, tamén en Santiago, onde se corren os modelos numéricos para as predicións realizadas. Así mesmo realizaron uns fantásticos traballos sobre meteoroloxía, que expuseron e foron filmados e montados coa técnica do chroma-key, para que saian detrás deles as imaxes dos fenómenos dos que falan. Ademais, coma sempre, os neos encargóronse de pasar todos os datos do alumnado do primeiro e segundo ciclo, mesmos os datos obtidos co pluviómetro este ano, ao ordenador, creando follas de cálculo cos ordenadores Abalar e realizando diversas gráficas con todos os datos obtidos.


Os traballos que elaboraron, expostos axudados co chroma key:


Durante todo o ciclo, as profesoras de inglés 
realizaron un gran traballo, posto que a diario observan tamén o ceo, e xa xunto coa data, escriben o tempo. Ademais elaboraron unhas fichas coas que rechean un calendario, tamén feito por elas co vocabulario máis frecuente do tempo, ademais da estación e a temperatura.



A profesora de Música de Primaria, ademais, elaborou c@s alumn@s de 6º de Primaria un blog no que se toma o concepto do tempo dunha maneira polisémica, intentando atopar un punto onde se atopen a meteoroloxía, a música, os sentimentos. Un blog moi creativo que podes ver neste enlace. O precioso nome do blogue: Un temporal musical.


Tamén en Educación Física, e co fin de comparar as variacións de temperatura no interior coas do exterior, o profesor instalou un termómetro no pavillón onde eles fan a actividade deportiva. Os nenos medían dúas veces ao día a temperatura, e tomaban nota dela. Así comprobaron como a temperatura tiña moi pequenas variacións (dous grados case sempre) dentro e sempre aumentaba cara ao mediodía, cunha temperatura casi constante, durante todo no inverno e outra distinta, moito máis alta, no verán, debida a inercia térmica.

Na ESO a maioría dos departamentos do Centro participaron este ano no programa. Dende Francés, as rapazas, coa axuda da súa profesora, relizaron, tomando datos de meteoFrance unha previsión do tempo nunha fin de semana en Francia, normalmente dunha ponte, centrándose posteriormente nunha zona concreta, describindo que podemos visitar alí durante ese fin de semana. Tamén realizaron uns preciosos ¿affiches¿ onde expoñen por estacións o vocabulario e as expresións máis usuais en francés para o tempo.




En Inglés, ademais dun repaso a diario do tempo que temos, aprendendo o vocabulario e as expresións máis comúns relativas a tempo, se traballou a previsión do tempo nas illas Británicas, tomada normalmente de metoffice, accesible dende a páxina web do tempo do centro, coñecendo así as distintas partes das illas británicas, e vendo como as condicións varían. Mesmo comprobaron a estreita relación entre o tempo das illas e Galicia, sobre todo coas profundas borrascas deste inverno.



En Matemáticas, os alumnos aprenderon estatística cos datos que eles mesmos tomaron e outros extraídos das páxinas web de meteoGalicia e aemet. Explicarónselles tanto os tipos de datos que se poden tomar, como as distintas variables de dispersión e centralización. A profesora realizou uns video tutoriais co ipad para eles, nos que se explica esta parte da matemática e a súa estreita relación coa Meteoroloxía.




Dende Música, preparáronse dúas obras relacionadas co tempo, O Inverno, de Vivaldi e unha teatralización musicada e recitada do poema de Uxío Novoneyra "Fiandeira namorada".



As compañeiras de CCSS realizaron os climogramas de Ares cos datos que recollen os nenos, facendo comparativas entre os dos anos pasados, vendo a variación entre eles e facendo patente a diferenza entre tempo e clima, ademais de guiar aos nenos pola exposición Expometeoro que que tivemos a sorte de poder ter no Centro.


Os profesores de CCNN ensinaron aos alumnos a recoller e interpretar datos meteorolóxicos e a introducilos na páxina do programa. Ademais elaboraron o informe diario que se expoñe en diversos lugares da vila: biblioteca, casa do Concello, Centro de Saúde. Xa que a materia impártese en inglés nalgúns grupos, este traballo realizouse en inglés neses grupos.


En Física e Química os alumnos aprenderon astronomía e meteoroloxía, apoiándonos frecuentemente no material cedido por Ana Lage, de meteoGalicia. Fixeron cuestionarios en Drive sobre ambas materias e examináronse con mapas reais do tempo e co planisferio, realizando unha comparativa da choiva recollida nos primeiros 45 días do ano. MOITA!!.


En Tecnoloxía os alumnos coa axuda do profesor elaboraron dous reloxos solares e traballaron follas de cálculo cos datos meteorolóxicos do CIS de Ferrol e en Iniciación a Electricidade os alumnos construíron un sensor de temperatura e outro de luz, co fin de construir o ano que ven unha estación con sensores, conectada con arduino, aunque tamén físicamente a caseta. Xa temos os planos!


Preparáronse e filmáronse coa técnica do chroma key espectaculares predicións do tempo para cada fin de semana dende Marzo. Preparadas polo profesor de Física, correxidas pola de Galego e filmadas polo de Bioloxía.


Por último, engadir que se creou unha app para smartphones e tablets android, disponible en google play, de nome Aresmeteo, onde se poden consultar en directo os datos da nosa estación.


Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos):


A avaliación que levamos a cabo no Centro consta do recheo duns cuestionarios por parte tanto do alumnado participante como do profesorado, no que se pide resaltar os errores que tiveron lugar e as melloras que se poden levar a cabo cara aos seguintes. Unhas capturas dos cuestionarios que realizamos en Drive:
Captura5.JPG
Captura6.JPG
Os resultados da avaliación foron sempre moi positivos, tivendo unha nota global de 4,6/5 no alumnado e 4,3/5 entre o profesorado.
Este ano tivemos a sorte de, ademais, ter unha avaliación externa. Javier Jesús Romero González, estudante da Facultade de Ciencias da Educación de Coruña no Grado de Educación Primaria interesouse polo programa. Asemade de visitarnos, pasounos a todos unha enquisa que mostramos mediante capturas de imaxe a continuación:
Captura.JPG
Captura2.JPG
Captura3.JPG
Captura4.JPG
Xa lle pasamos os resultados da enquisa que se levou a cabo entre todo o profesorado do centro e lle pedimos que, por suposto, nos faga partícipes dos resultados.
Unha das propuestas que sempre xorden é a de mellorar a coordinación entre as distintas etapas para intentar conseguir unha progresiva introdución dos contidos ao longo das etapas e materias, tentando complementarnos e non repetirnos. As reunións do profesorado das distitnas etapas consíderase necesaria para mellorar este aspecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario