Os nenos e nenas do primer ciclo de Primaria mediron a temperatura e cobertura de ceo todos os días (ás veces da estación meteorolóxica dixital conectada con internet) e realizaron resúmos mensuais. Os seus traballos este ano centráronse nos refráns de cada mes do ano e adiviñas, moi ben ilustrados. Ademais, os seus pais e nais xa poden ver os datos que tomaron, pois se expoñen nun taboleiro (amañado polos alumnos de 4º de ESO e pintado por eles) cando veñen a recollelos.
Os nenos que acuden ao aula de apoio traballaron coa profesora dutrante todo o ano, tomando en cada clase nota no seu caderno do tempo reinante, cun pictograma, pero ademais explicando o tempo que facía coas súas palabras, para intentar mellorar a expresión escrita. Ademais realizaron un calendario para a clase, que se tiña que facer por turnos, debido a que todos querían facelo cada día.
Os nenos de segundo ciclo traballaron recollendo os datos diarios dús veces no día, comparando as variacións, coas táboas e gráficas de barras e líneas correspondentes. Realizáronse calendarios das coas recollidas de datos e recontos das situacións medidas de cada tipo durante o mes. Ademais un dos profesores construiu un pluviómetro móbil, e así; mediuse a precipitación recollida e elaboraronse gráficas de precipitación diaria, acumulación mensual e media diaria de cada mes que se amosaron no corredor do centro aos demais alumnos da escola.
Os nenos do 3º ciclo este ano tamén mediron diariamente as variables meteorolóxicas (tamén na clase de inglés e na sección bilingue), puideron visitar meteoGalicia, onde recibiron unha magnífica explicación do todo traballo realizado alí e incluso visitar o CESGA, tamén en Santiago, onde se corren os modelos numéricos para as predicións realizadas. Así mesmo realizaron uns fantásticos traballos sobre meteoroloxía, que expuseron e foron filmados e montados coa técnica do chroma-key, para que saian detrás deles as imaxes dos fenómenos dos que falan. Ademais, coma sempre, os neos encargóronse de pasar todos os datos do alumnado do primeiro e segundo ciclo, mesmos os datos obtidos co pluviómetro este ano, ao ordenador, creando follas de cálculo cos ordenadores Abalar e realizando diversas gráficas con todos os datos obtidos.
Os traballos que elaboraron, expostos axudados co chroma key:
Durante todo o ciclo, as profesoras de inglés realizaron un gran traballo, posto que a diario observan tamén o ceo, e xa xunto coa data, escriben o tempo. Ademais elaboraron unhas fichas coas que rechean un calendario, tamén feito por elas co vocabulario máis frecuente do tempo, ademais da estación e a temperatura.
A profesora de Música de Primaria, ademais, elaborou c@s alumn@s de 6º de Primaria un blog no que se toma o concepto do tempo dunha maneira polisémica, intentando atopar un punto onde se atopen a meteoroloxía, a música, os sentimentos. Un blog moi creativo que podes ver neste enlace. O precioso nome do blogue: Un temporal musical.
Tamén en Educación Física, e co fin de comparar as variacións de temperatura no interior coas do exterior, o profesor instalou un termómetro no pavillón onde eles fan a actividade deportiva. Os nenos medían dúas veces ao día a temperatura, e tomaban nota dela. Así comprobaron como a temperatura tiña moi pequenas variacións (dous grados case sempre) dentro e sempre aumentaba cara ao mediodía, cunha temperatura casi constante, durante todo no inverno e outra distinta, moito máis alta, no verán, debida a inercia térmica.
Na ESO a maioría dos departamentos do Centro participaron este ano no programa. Dende Francés, as rapazas, coa axuda da súa profesora, relizaron, tomando datos de meteoFrance unha previsión do tempo nunha fin de semana en Francia, normalmente dunha ponte, centrándose posteriormente nunha zona concreta, describindo que podemos visitar alí durante ese fin de semana. Tamén realizaron uns preciosos ¿affiches¿ onde expoñen por estacións o vocabulario e as expresións máis usuais en francés para o tempo.
En Inglés, ademais dun repaso a diario do tempo que temos, aprendendo o vocabulario e as expresións máis comúns relativas a tempo, se traballou a previsión do tempo nas illas Británicas, tomada normalmente de metoffice, accesible dende a páxina web do tempo do centro, coñecendo así as distintas partes das illas británicas, e vendo como as condicións varían. Mesmo comprobaron a estreita relación entre o tempo das illas e Galicia, sobre todo coas profundas borrascas deste inverno.
En Matemáticas, os alumnos aprenderon estatística cos datos que eles mesmos tomaron e outros extraídos das páxinas web de meteoGalicia e aemet. Explicarónselles tanto os tipos de datos que se poden tomar, como as distintas variables de dispersión e centralización. A profesora realizou uns video tutoriais co ipad para eles, nos que se explica esta parte da matemática e a súa estreita relación coa Meteoroloxía.
Dende Música, preparáronse dúas obras relacionadas co tempo, O Inverno, de Vivaldi e unha teatralización musicada e recitada do poema de Uxío Novoneyra "Fiandeira namorada".
As compañeiras de CCSS realizaron os climogramas de Ares cos datos que recollen os nenos, facendo comparativas entre os dos anos pasados, vendo a variación entre eles e facendo patente a diferenza entre tempo e clima, ademais de guiar aos nenos pola exposición Expometeoro que que tivemos a sorte de poder ter no Centro.
Os profesores de CCNN ensinaron aos alumnos a recoller e interpretar datos meteorolóxicos e a introducilos na páxina do programa. Ademais elaboraron o informe diario que se expoñe en diversos lugares da vila: biblioteca, casa do Concello, Centro de Saúde. Xa que a materia impártese en inglés nalgúns grupos, este traballo realizouse en inglés neses grupos.
En Física e Química os alumnos aprenderon astronomía e meteoroloxía, apoiándonos frecuentemente no material cedido por Ana Lage, de meteoGalicia. Fixeron cuestionarios en Drive sobre ambas materias e examináronse con mapas reais do tempo e co planisferio, realizando unha comparativa da choiva recollida nos primeiros 45 días do ano. MOITA!!.
En Tecnoloxía os alumnos coa axuda do profesor elaboraron dous reloxos solares e traballaron follas de cálculo cos datos meteorolóxicos do CIS de Ferrol e en Iniciación a Electricidade os alumnos construíron un sensor de temperatura e outro de luz, co fin de construir o ano que ven unha estación con sensores, conectada con arduino, aunque tamén físicamente a caseta. Xa temos os planos!
Preparáronse e filmáronse coa técnica do chroma key espectaculares predicións do tempo para cada fin de semana dende Marzo. Preparadas polo profesor de Física, correxidas pola de Galego e filmadas polo de Bioloxía.
Por último, engadir que se creou unha app para smartphones e tablets android, disponible en google play, de nome Aresmeteo, onde se poden consultar en directo os datos da nosa estación.
Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos):
A avaliación que levamos a cabo no Centro consta do recheo duns cuestionarios por parte tanto do alumnado participante como do profesorado, no que se pide resaltar os errores que tiveron lugar e as melloras que se poden levar a cabo cara aos seguintes. Unhas capturas dos cuestionarios que realizamos en Drive:
Os resultados da avaliación foron sempre moi positivos, tivendo unha nota global de 4,6/5 no alumnado e 4,3/5 entre o profesorado.
Este ano tivemos a sorte de, ademais, ter unha avaliación externa. Javier Jesús Romero González, estudante da Facultade de Ciencias da Educación de Coruña no Grado de Educación Primaria interesouse polo programa. Asemade de visitarnos, pasounos a todos unha enquisa que mostramos mediante capturas de imaxe a continuación:
Xa lle pasamos os resultados da enquisa que se levou a cabo entre todo o profesorado do centro e lle pedimos que, por suposto, nos faga partícipes dos resultados.
Unha das propuestas que sempre xorden é a de mellorar a coordinación entre as distintas etapas para intentar conseguir unha progresiva introdución dos contidos ao longo das etapas e materias, tentando complementarnos e non repetirnos. As reunións do profesorado das distitnas etapas consíderase necesaria para mellorar este aspecto.