Os nenos de Infantil traballaron tan ben o ano pasado que su traballo mereció o recoñecemento de meteoGalicia co 2º premio dentro do programa meteoEscolas.
As súas profesoras que tan ben lles ensinan traballaron tamén moi duro e así os nenos se inician na medida todos os días, mirando o ceo, apuntando os datos, recontando ao fin de mes e agora tamén, iniciandose nas gráficas.
Que máis podemos pedir!
Noraboa a todos e todas, e esperemos que a Consellería recoñeza as profesoras de Infantil cos mesmos méritos que concede aos profes de Primaria e Secundaria, porque os merecen. Claro que sí!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario