lunes, 25 de noviembre de 2013

Visita dos nenos de Primaria a exposición expometeoro

Durante dúas semanas ao final do mes de Outubro tivemos no Centro a exposición Expometeoro, cedida por meteoGalicia. Nela trátase de explicar coa axuda duns paneis a importancia do tempo, como se traballa na súa predicción, os fenómenos do tempo extremo, a relación tan íntima e abundante do galego e o tempo, etc.
Unha exposición moi interesante pola que pasaron case todos os nenos de Primaria e todos os de Secundaria.
A continuación unha preciosa montaxe feita coas fotos da visita.
Grazas pola voso interés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario