martes, 26 de noviembre de 2013

O artigo do tempo na revista

O artigo que saíu na revista do cole do tempo, escrito polos alumnos do PDC Samuel Allegue e Andrea Conejo.
A revista, que como sempre maquetó a gran Yoli:

Astronomía ó teu alcance

Imos introducirnos un pouco no mundo da astronomía. Para iso temos boísimas animacións na web.

Repaso sencillo (pero muy bueno) para empezar. Hecha por Xacobo

Sistemas de coordenadas, para saber onde están as estrelas

Enlaces básicos (pero muy buenos, creo) de astronomía

Gravity algebra. Para jugar con la fórmula de Newton

Exámenes de Astronomía no aula virtual do centro.

Un video do reboost da ISS (estación espacial internacional), lei de inercia, non?

Cuestionarios e realidade aumentada sobre a exposición expoMeteoro

Como tivemos a exposición expoMeteoro hai pouco no Centro e co fin de traballar con ela tamén na clase elaboramos uns cuestionarios sobre cada un dos paneis. Aquí tedes o enlace coa carpeta de drive onde se encontran os cuestionarios.
Ademais, traballamos coa realidade aumentada. Cando con un dispositivo móvil onde teñamos descargada a app layar, escaneamos o logo de expometeoro, vemos na tablet ou no teléfono móbil capas de información, para conectar coa páxina de meteoGalicia , coa a nosa páxina web do tempo, o noso app das nubes ou co twitter de meteogalicia. Isto é o que vedes no móbil cando enfocas o logo:

Podedes probar cando queirades. Xa verdes que chulo é.

O premio meteoEscolas tamén para Infantil !!

Os nenos de Infantil traballaron tan ben o ano pasado que su traballo mereció o recoñecemento de meteoGalicia co 2º premio dentro do programa meteoEscolas.
As súas profesoras que tan ben lles ensinan traballaron tamén moi duro e así os nenos se inician na medida todos os días, mirando o ceo, apuntando os datos, recontando ao fin de mes e agora tamén, iniciandose nas gráficas.
Que máis podemos pedir!
Noraboa a todos e todas, e esperemos que a Consellería recoñeza as profesoras de Infantil cos mesmos méritos que concede aos profes de Primaria e Secundaria, porque os merecen. Claro que sí!!

O tempo tamén na Biblioteca

Como podedes ver, a nosa sensibilización co tema do tempo chegou ata a Biblioteca. As encargadas mercaron uns libros de meteoroloxía, ademais dos recibidos polo 2º premio do programa Meteoescolas no ano pasado, e así imos teñendo unha crecente colección de libros do tempo na nosa biblioteca de Primaria.




lunes, 25 de noviembre de 2013

Visita dos nenos de Primaria a exposición expometeoro

Durante dúas semanas ao final do mes de Outubro tivemos no Centro a exposición Expometeoro, cedida por meteoGalicia. Nela trátase de explicar coa axuda duns paneis a importancia do tempo, como se traballa na súa predicción, os fenómenos do tempo extremo, a relación tan íntima e abundante do galego e o tempo, etc.
Unha exposición moi interesante pola que pasaron case todos os nenos de Primaria e todos os de Secundaria.
A continuación unha preciosa montaxe feita coas fotos da visita.
Grazas pola voso interés.